1. Home /
  2. Museum /
  3. Museo do Pobo Galego

Category

General Information

Locality: Santiago de Compostela, Spain

Phone: +34 981 58 36 20

Address: San Domingos de Bonaval s/n 15703 Santiago de Compostela, Spain

Website: www.museodopobo.gal

Likes: 10629

Reviews

Add review

Facebook Blog

Museo do Pobo Galego 21.11.2020
Carlos García Martínez. Obra completa. #PublicaciónsMPG Presentación do libro este xoves, 3 de decembro ás 18h00 no Auditorio do Museo do Pobo.... Este volume, é unha homenaxe que o Museo do Pobo Galego lle rende en virtude de corenta e dous anos de entrega e traballo á quen foi director da institución dende 1999 ata marzo de 2018. Está dividido en cinco seccións: arqueoloxía e prehistoria, etnografía, biografías, de varia lección, miscelánea en prensa, un aparte dedicado a entradas que redactou para a Gran Enciclopedia Gallega e o texto inédito

Carlos García Martínez. Obra completa. #PublicaciónsMPG Presentación do libro este xoves, 3 de decembro ás 18h00 no Auditorio do Museo do Pobo.... Este volume, é unha homenaxe que o Museo do Pobo Galego lle rende en virtude de corenta e dous anos de entrega e traballo á quen foi director da institución dende 1999 ata marzo de 2018. Está dividido en cinco seccións: arqueoloxía e prehistoria, etnografía, biografías, de varia lección, miscelánea en prensa, un aparte dedicado a entradas que redactou para a Gran Enciclopedia Gallega e o texto inédito "Crónica inacabada dunha terra". Debido ás restricións sanitarias o aforo ao acto está limitado a 30 persoas, para asistir é obrigatorio inscribirse no correo [email protected]

Museo do Pobo Galego 09.11.2020
A Biblioteca do Museo do Pobo Galego participa na mostra

A Biblioteca do Museo do Pobo Galego participa na mostra "Carteles para un Camino. 100 años de ilustración jacobea" organizada polo Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración coa Biblioteca Nacional de España. Para esta exposición o Museo achega reproducións de carteis e programas de festa relacionados co Ano Santo. Aberta ata o 14 de marzo de 2021 no Museo da BNE. Máis información: http://www.bne.es//Exposicion/carteles_para_un_Camino.html... Na actualidade, a #BibliotecaMPG tamén ten outras pezas bibliográficas e carteis da súa colección nas mostras "Galicia, de Nós a Nós" e "As miradas de Isaac", ambas en exposición na Cidade da Cultura. #ColecciónMPG #PréstamosMPG

Museo do Pobo Galego 06.11.2020
 VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI) Xoves, 26 de novembro ás 18h00 Mesa

VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI) Xoves, 26 de novembro ás 18h00 Mesa "Cultura popular, a identidade e sociedade civil" A mesa estará coordinada e moderada por Prudencio Viveiro Mogo, do Consello da Cultura Galega. Na mesa participarán Olga Romasanta (de Rexenerando Sociedade Cooperativa); Luzia Oca, antropóloga e docente da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD); Xerardo Pereiro, tamén da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, U...TAD); e o poeta e estudoso da tradición oral galega, Celso Fernández Sanmartín. Prazas presenciais limitadas (por orde de inscripción): [email protected] Tamén se poderá seguir a través da Plataforma Zoom: https://videoconf-colibri.zoom.us/j/85854456392 ID: 858 5445 6392 https://www.facebook.com/photo?fbid=3608393112540253&set=a.442096399169956

Museo do Pobo Galego 18.10.2020
#IsaacDíazPardo ESCOLMA DE OBRA MIÚDA Ata o 3 de xaneiro de 2021 No andar do Claustro do Museo do Pobo Galego ... A Oficina de Socios e Socias do Museo organiza esta pequena exposición como homenaxe no seu centenario, que se inaugurará hoxe ás 17h da tarde. A mostra, centrada sobre todo na parte gráfica do artista, inclúe aportacións de Xosé Ramón Fandiño, Luís Martul Tobío, Esperanza Delgado Rosende, da familia Taboada Saavedra e da Biblioteca e Colección do Museo do Pobo Galego. Entre elas poderanse ver dúas litografías orixinais, así como tamén debuxos e felicitacións de Nadal, folletos de cerámicas do Castro ou carteis de cego como a historia de #PacoPixiñas (1970) [na foto]. #ColecciónMPG #ExposiciónsMPG #BibliotecaMPG [ Cultura da Deputación da Coruña Pazo de Raxoi Cultura de Galicia]

Museo do Pobo Galego 29.09.2020

CURSO EN ABERTO Activando a memoria desde o Museo do Pobo. O folclore como recurso na #estimulacióncognitiva" Debido a gran acollida que tivo o curso decidimos poñelo en aberto na nosa canle de Vimeo.... Esta actividade explica o funcionamento da guía "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego", elaborada pola nosa institución e Agadea Alzheimer no ano 2016, para poder implementala nos diferentes ámbitos aos que está destinada (terapéutico, educación patrimonial e dos coidados). Foi impartido por Beatriz Rey (terapeuta ocupacional e enfermeira) e Carme Campo (educadora do museo). No propio video de Vimeo tedes o enlace para acceder á guía! #folclore #estimulacióncognitiva #DEACmpg #ActividadesMPG https://vimeo.com/478451081

Museo do Pobo Galego 26.09.2020
 ABERTA A INSCRICIÓN | CALL FOR ENTRIES #16MICEMPG A 16 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 28 de marzo de 2021, abre o prazo de inscrición de filmes que serán seleccionados para competir na Sección Oficial da #MICEMPG. Prazo de envío | Deadline 8 XANEIRO JANUARY, 2021... Máis información e bases: http://mice.museodopobo.gal [co apoio de Agadic, Cultura de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña Pazo de Raxoi]

Museo do Pobo Galego 10.09.2020

VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI) Mércores 18 de novembro ás 18h00 Mesa "Medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade" A mesa estará moderada polo xornalista e exdirector de Vieiros, Ramón Vilar Landeira, e nela participarán Valeria Pereira (Revista Luzes), Martín García (director da Axencia Galega de Noticias), Miguel Anxo Fernández (cineasta e profesor da Universidade de Vigo e Manuel Gago (profesor da Universidade de Santiago e direct...or do portal Cultura Galega do Consello Da Cultura Galega. Prazas presenciais limitadas (por orde de inscripción): [email protected] Streaming na canle de Youtube do Museo do Pobo Galego https://www.youtube.com/channel/UCpLZtANgz58bJcuORU2wHVg

Museo do Pobo Galego 04.09.2020
 TORNO DE OLEIRO Primeiro depósito do Museo do Pobo Galego #ColecciónMPG O primeiro depósito foi un torno baixo de oleiro, propiedade de Alonso Díaz Rodríguez, que procedía de Gundivós (Sober, Lugo) e que data do 21 de novembro de 1977. Este torno pódese ver en sala, xunto ao taller de olería na colección permanente. Como detalle especial a este depósito, cómpre dicir que o #MuseodoPoboGalego regaloulle a Alonso unha reprodución do seu torno para que o orixinal puidera q...uedar ex-posto na #SaladeOlería, tal e como pode lerse nesta carta que lle enviou a xunta rectora do Museo. Os depósitos son cesións gratuítas por tempo indefinido da posesión do ben, pero non da propiedade, para que o Museo poda facer uso del. Durante o mes de novembro co motivo do noso 43 #AniversarioMPG publicaremos nas nosas redes destaques da colección. Concretamente, sobre as primeiras pezas que chegaron á institución mediante a doazón, o depósito ou a compra, e por suposto, as historias e as persoas que hai detrás delas. [ Cultura da Deputación da Coruña Pazo de Raxoi Cultura de Galicia ]

Museo do Pobo Galego 29.08.2020
Seminarios formativos online de Agantro 2020

Seminarios formativos online de Agantro 2020 "Patrimonio Inmaterial: coñecemento, divulgación e posta en valor". A asociación #AGANTRO, en colaboración co Museo do Pobo Galego, organiza dez seminarios formativos que se van desenvolver entre o 23 de novembro e o 5 de decembro de 2020.... Sensibilizada coa crecente necesidade de suscitar un maior nivel de coñecemento e conciencia da importancia do patrimonio cultural inmaterial da humanidade, no noso caso o galego, e da importancia da súa salvagarda, AGANTRO pon en marcha estes seminarios ca fin de avanzar nestas liñas e de dar ás e aos participantes coñecementos e exemplos prácticos de proxectos en torno á investigación e posta en valor do noso Patrimonio Inmaterial. [co apoio de Cultura da Deputación da Coruña]. Admiten inscricións ata o 19 de novembro: http://agantro.org/inscricion-seminarios/ https://www.facebook.com/AGANTRO/posts/1766191903533539

Museo do Pobo Galego 09.08.2020

Lembrade, este venres 13 de novembro no Auditorio do Museo do Pobo! BARROCOCÓ Actividade para público familiar con crianzas a partir de 4 anos Actividade gratuíta ... A través da actividade de narración oral e musical de Rilo&Penadique as persoas asistentes gozarán dun espectáculo que fala das obras máis significativas do arquitecto #DomingodeAndrade nun paseo imaxinario pola cidade de Santiago de Compostela. Esta actividade é unha idea de Rilo&Penadique para o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego no #AnoAndrade. Duración aproximada: 1 hora. Dous pases ás 17h e ás 18h30 con prazas limitadas. É necesaria inscrición previa en: [email protected] Culturactiva S. Coop. Galega Vero Rilo Sonsoles Penadique #DEACmpg #ActividadesMPG

Museo do Pobo Galego 25.07.2020

VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI) Organizado polo Museo do Pobo e o Consello Da Cultura Galega Mesa 2: "Identidade, patrimonio cultural e territorio". Modera Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo e responsable do APOI - Museo do Pobo Galego. Nela participan María Nieves Herrero, profesora de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; Rubén Camilo Lois, catedrático de Xeografía da USC; Gonzalo Navaza, lingüista e profesor da U...niversidade de Vigo e Cristina Sánchez Carretero, antropóloga e investigadora do INCIPIT-CSIC Galicia En directo na nosa canle de Youtube: https://www.youtube.com/watch

Museo do Pobo Galego 10.07.2020
Día III: domingo do #CicloVanGal Peche de VanGal coa actuación de Laura LaMontagne & PicoAmperio na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Fotos: Denís Estévez... [con Ruido de fondo - Cultura da Deputación da Coruña - Pazo de Raxoi - Cultura de Galicia]

Museo do Pobo Galego 27.06.2020
Día II: Sábado do #CicloVanGal con FAIA e Benxamín Otero [Luneda Producións] + DJ set de Teresa Ferreiro + exposicións Fotos: Denís Estévez [con Ruido de fondo - Cultura da Deputación da Coruña - Pazo de Raxoi - Cultura de Galicia]... #culturasegura #actividadesMPG